A feira de Caza, Pesca e Natureza celebra a súa 4ª edición

A edición máis completa dun certame único en Galicia

Fecap Abanca chega á súa cuarta edición cunha proposta que dará continuidade ao crecemento iniciado pola feira en 2016, converténdoa na súa cita máis destacada.
Unha exposición con maior oferta e un programa que revalidará o seu gran atractivo uniranse para conformar o mellor entorno no que as empresas poden contactar cos seus potenciais clientes.
Todo isto mantendo a singularidade de ser o único certame coa súa temática na Comunidade galega, o que garante o seu carácter de referente para profesionais e afeccionados.

 

banner 40 aniversario semana verde

activida
Pavillón independente e un amplo programa
A área expositiva de Fecap Abanca estará ubicada nun pavillón independente pero integrado no 40 aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, co que se crearán importantes sinerxias.
O seu programa incluirá numerosas xornadas, talleres, cursos, exhibicións e demostracións, ademais dunha gran Exposición de Cans de Caza.
 
caza
Exposición de Cans de Caza
Esta mostra crecerá considerablemente, englobando seis monográficos de outras tantas razas: Azul de Gascuña, Sabueso Español, Griffón Vendeano, Beagle e Leonado de Bretaña, ademais dunha mostra de Montaña do Pirineo. Todos competirán no XIV Concurso Nacional Canino.
 
cartel
Unha feira que medra en cifras e interese
A pasada convocatoria de Fecap Abanca supuxo para o certame un salto cualitativo que se consolidará na súa vindeira edición.
A súa área expositiva rexistrou un 55% máis de empresas e case o dobre de superficie que en 2015, nun pavillón propio. Tamén contou coa presenza por primeira vez de recoñecidas firmas do sector.
Sumouse a súa magnífica programación, con 40 actividades distintas, moitas celebradas por primeira vez e todas con gran interese para o sector.

Para estar presente con stand, temos as mellores opcións:

Como ser expositor

colaboradores fecap

 
 
 

Style Selector

Layout Style

Background Image